Un futuro por inventar

Federico Mayor Zaragoza. / Mundiario
Federico Mayor Zaragoza. / Mundiario
Mayor Zaragoza foi co-presidente do Grupo de Alto Nivel para a Alianza das Civilizacións. E desde 2010 ate o 2017 presidíu a Comisión Internacional contra da Pena de Morte. 
Un futuro por inventar

Confeso que non sei por qué Federico Mayor Zaragoza non é, a éstas alturas, Premio Nobel da Paz. Ten méritos sobrados, desde logo moitos máis que algúns que non citarei e que recibiron o galardón en Oslo sen merecelo. O profesor Mayor ten 88 anos de extraordinarias experiencias, de pensamento, de coñecemento, de acción, como científico, investigador, educador, político, e desde 1978 ate 1981, unha colosal actividade na UNESCO, como él a denomina, a intelectualidade das Nacións Unidas, primeiro como Director Xeral Adxunto e logo, desde 1987 ate 1999, dous mandatos completos, xa como Director Xeral, quizáis o periodo máis acertado e inspirador da institución internacional ocupada da educación, a ciencia e a cultura con sede en París. 

Coñecino persoalmente no ano 2000, xa como Presidente da Fundación Cultura de Paz, e desde aquela mantemos unha colaboración e amizade que teño que recoñecer foi decisiva na miña propia formación como mestre e como educador para a paz. 

Mayor Zaragoza foi co-presidente do Grupo de Alto Nivel para a Alianza das Civilizacións. E desde 2010 ate o 2017 presidíu a Comisión Internacional contra da Pena de Morte.  

Durante todo este tempo ten publicado innumerabeis ensaios (Un mundo nuevo, Los nudos gordianos, Mañana siempre es tarde, La nueva página, Memoria del Futuro, La palabra y la espada, La fuerza de la palabra, Tiempo de acción, Delito de silencio), poemarios (A contraviento, Aguafuertes, El fuego y la esperanza, Terral, Alzaré mi voz, En pié de paz), e un sinfín de artigos en revistas especializadas de carácter científico ou en en prensa. 

Participou ademáis en reunións cos principais líderes mundiais e tivo un papel activo como mediador de conflictos armados, como é o caso do Salvador Por él sei historias e anécdotas increibles, algunhas as conta neste libro e non debo eu destripalas aquí. 

As súas aportacións no marco da UNESCO e das Nacións Unidas, especialmente en Educación e na Cultura da Paz foron decisivas e deron lugar a Declaracións Internacionais e Plans de Acción de plena vixencia e influencia, moitas delas inesperadas. 

Qué máis se pode pedir, quén ten máis méritos acreditados, para cándo unha proposta de candidatura oficial desde os ámbitos políticos, académicos, da sociedade civil?. Desde o meu humilde parecer, xa está tardando de máis. 

Dito o anterior, que se non o facía público, reventaba, quero agora referirme ó seu último libro publicado, Inventar el futuro, editado por Ánfora Nova, que veño de rematar. 

Trátase dunha obra colosal, enciclopédica, case 600 páxinas con varios e moi interesantes anexos, e un Prólogo de Ingeborg Breines, ex directora da UNESCO e co presidenta do International Peace Bureau, sobre a que xa teño escrito recentemente o artigo “Cultivemos a paz”. 

Abre o profesor Mayor o seu último libro cun poema de Miquel Martí i Pol a quen cita moi frecuentemente, “Xa nada teño, só a voz... pero a nosa misión é falar...” e D. Federico fala, fala moito e ben, nun texto que usarei como libro de cabeceira, un asideiro ó que percorrer, en tempos de zozobra e incertidume, sempre a carón, moi a mán, para buscar a luz que disipe as negras sombras.  

E remata o libro cuns versos de Joan Maragall, do seu Canto Espiritual “... e cando se pechen estes ollos humáns, ábrame Señor, outros maiores...”. Entrambos textos, moitas horas de reflexións, experiencias, publicacións, citas, ilustracións, unha enorme panorámica sobre os dereitos humanos e a democracia, o multilateralismo democrático para a gobernanza axeitada a escala global, educación, cultura da paz e  nonviolencia, muller e xuventude, o novo concepto de seguridade, traballo e estilo de vida, a nova era, por fin, a palabra..nosoutros os pobos. 

Reitera o profesor Mayor as súas prioridades hoxe no planeta: alimentación, acceso á auga potable, saúde, medio ambiente, educación e paz, todo, baixo unhas Nacións Unidas refundadas, representativas, con participación da sociedade civil, sen vetos e con voto ponderado, e dous Consellos de Seguridade adicionais, o Socioeconómico e o Medioambiental, e coa inmediata desaparición dos paraísos fiscais. 

Lembra, entre outros, a catro grandes referentes: Santiago Ramón y Cajal, Rosa Parcks, Nelson Mandela e Mikhail S. Gorbachev sobre os que volve repetidamente para buscar inspiración. E sempre as citas, extraordinarias todas, magníficas, como por exemplo, Camus: “Os desprezo porque podendo facer tanto, atrevéronse a tan pouco”; Amin Maalouf: “Situacións sen precedentes requiren solucións sen precedentes”; a Carta das Nacións Unidas: “Nosoutros os pobos... resolvemos evitar ás xeracións vindeiras o horror da guerra”; Einstein: O mundo é perigoso de vivir, non tanto a causa daqueles que fan o mal, senon a causa daqueles que miran e deixan facer”; Quevedo: “Non ei de calar, por máis que co dedo, xa tocando a boca, ou xa a fronte, silencio avises ou ameazes medo”; Jesús Massip: “As horas volverán, e nos atoparán, instalados e dóciles”; Edmund Burke: “Qué pena que pensando que podes facer pouco, non fagas nada!”, por citar algunhas das que máis gosto e que teño usado moito. 

E dúas máis, unha para explicar o que él entende por educar: “A Educación é aprender a dirixir con sentido a propia vida”, dicía Francisco Giner de los Ríos a quen tanto admira e, para rematar, exemplo de vida, como establece a Carta da Terra, “ser cidadáns do mundo é com-partir, com-padecer, con- vivir e des-vivirse polos demáis”, así é, Federico Mayor Zaragoza, exemplo de pasado, presente e de futuro, xenerosidade, ese futuro por inventar.  Grazas mestre, un millón de grazas. Para cándo o Nobel da Paz? @mundiario

Un futuro por inventar
Comentarios