O interese do Goberno pola interconexión con Portugal contrasta coa negativa a alta tensión para Stellantis

Sede de Stellantis en Vigo. / Mundiario
Sede de Stellantis en Vigo. / Mundiario

As  liñas de alta tensión  implican a imposición de servidume de paso ou ocupación temporal para iniciar a construción, pero tamén para atender a vixilancia, conservación e reparación da mesma, unha vez terminada. 

O interese do Goberno pola interconexión con Portugal contrasta coa negativa a alta tensión para Stellantis

A Unión Europea recomendou  no 2002 que para o ano 2020 se debería alcanzar un mínimo do 10 % de rateo de  interconexión (15% no 2030) para promover o Mercado Único de electricidade, pero na actualidade o rateo no Estado está por baixo do 5%. O sistema eléctrico español está interconectado con Portugal, con Marrocos - por cable submarino - e con Franza- sistema eléctrico centroeuropeo por medio dos Pireneos. 

Apuran os deberes, por eso  a finais de abríl Red Eléctrica de España (REE) anunciaba que o “Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico”  xa dera luz verde a Declaración de Impacto Ambiental  da Interconexión Galiza-Portugal Norte e esperaba  unha pronta autorización administrativa e  permisos perceptivos para  o inicio dos traballos de construción. 

O proxecto evidentemente  non vai reforzar o subministro eléctrico na Galiza, servirá  para  exportar o dobre da electricidade que xa lle mandamos hoxe a Portugal. Contempla a construción no territorio galego da subestación de Beariz 400KV e Fontefría 400/220KV e dúas liñas de dobre circuíto e alta tensión de 400KV, unha de 30 km de lonxitude entre as dúas subestacións e outra de 21,7 Km entre Fontefría e a fronteira Portuguesa. A inversión contemplada é de 55 millóns de euros  pero vai xerar uns aforros anuais estimados de 22 millóns para REE e o sistema eléctrico español. Canto para Galiza?

Non serviron dez anos de mobilizacións cidadáns  para  modificar o proxecto trazado ou mesmo  para trasladalo a  outro lugar.  Protestas, alegacións, tanto dos veciños como do Concello de Arbo que se opoñían ao trazado pola proximidade do tendido eléctrico as vivendas, polo impacto paisaxístico, social, económico e o perigo das ondas electromagnéticas. Para colmo  no estudo ambiental da empresa REE recoñecen que existen zonas habitadas localizadas  entre 50 e 140 m e isto non serviu para que mantiveran a liña de alta tensión  polo primeiro trazado escollido.

Contrasta  este interese do Goberno pola interconexión con Portugal  co seu empecinamento en non instalar unha nova liña de alta tensión necesaria a unha das empresas tractoras da zona de Vigo. Stellantis Vigo (PSA)  leva  queixándose dos reiterados cortes de tensión e freo na produción de coches. A empresa recentemente anuncia que a falta de alta tensión (ten 132 KV pero require tensión de 220 KV ou maiores) vai limitar os seus plans industriais relacionados co coche eléctrico xa que a  factoría quedou excluída do que necesita até o ano 2026. Segundo o Goberno, que se atreve a poñer en dubida os cortes de tensión que denuncia Stellantis, esta zona industrial non necesita a alta tensión para producir, pero curiosamente  todas as fábricas de automóbiles excepto Vigo dispoñen de liñas de  moi alta tensión.   

Servidumes  sin custo e indefinidas

As  liñas de alta tensión  implican a imposición de servidume de paso ou ocupación temporal para iniciar a construción, pero tamén para atender a vixilancia, conservación e reparación da mesma, unha vez terminada. 

Presentan  servidume de voo ou de paso aéreo  que pode alcanzar 40-60 m de ancho, franxa que vai ao longo de todo o recorrido do tendido e que se amplía coas servidumes de seguridade fronte a descargas disruptivas entre condutores e vexetación e con zonas de seguridade de crecemento horizontal da vexetación  arborada das proximidades.

Estas servidumes de voo non son exclusivas da alta tensión, tamén as teñen a media e baixa tensión con franxa lineal de menor ancho, todas requiren constantes desbroces, tratamentos  e talas arbóreas e poden ocupar centenares de hectáreas. No mes pasado   na liña de media tensión da empresa  Naturgy, na zona de Teis que cruza A Madroa, na zona de servidume e sin comunicación previa a comunidade de montes,  realizaron unha tala de arbores  de especies autóctonas e desbroces  nada respectuosos coa biodiversidade, eliminando mais de medio centenar de carballos e castiñeiros.  

Canon anual? Arrendamento?

No ano 2008  e na interconexión España-Franza polos Pireneos a compensación económica  ao propietario das terras por instalar unha torre de alta tensión era de 1500 euros,  1000 euros por hectárea ocupada e o espazo calculábase multiplicando a lonxitude do cable da liña por 60 m de ancho de servidume de voo.  A parte REE e o Govern pactaron compensacións para os concellos con 40 euros por m de cable que pasara polo municipio, compensación que foi aceptada por uns concellos e rechazada por outros. 

Galiza  esta cruzada por liñas de alta tensión de REE  sin  compensacións parecidas,  observamos no mapa liñas vermellas que  corresponden a tensións de  400 KV, liñas verdes que indican liñas a 220 KV, liñas azuis  que son de 150-220 KV, negras  con 60-110KV.... No Estado so as liñas de 400 KV e 220 KV compoñen unha rede de 41.262 Km. Cantas temos na Galiza? 3000 – 4000 kms? Cantos kms ten ademais Naturgy?

As liñas aéreas dos parques  eólicos que van a outras xerais  representan 836 kilómetros  (As Pontes, 56 kms; Mazaricos, 34 kms; Vimianzo, 32 kms; Muras, 30 kms;  Ourol, 29 kms, Curtis, 27 kms; Vila de Cruces, 26 kms...). Canto pagarían as eléctricas aos concellos e particulares a prezos da interconexión Cataluña-Franza?  Actúa a Xunta igoal que o Govern catalán? Podemos copiar de Franza que  ten  impostos por paso de tendidos de alta tensión con arrendamento anuais?.

Na   década pasada  algúns concellos no Estado (entre eles Arteixo xa no 2014)  propuxeron ordenanzas municipais  para cobrar polas redes de alta tensión  (tanto  por pasar por térrenos municipais como por pasar simplemente polo territorio municipal). Ordenanzas que sistematicamente foron contestadas e impugnadas polas eléctricas e acabaron no Tribunal Superior de Xustiza e no Supremo. Sentencias do Supremo (ano 2017 e ano 2022 a favor de Arteixo) fallaron a favor de taxas as eléctricas pola ocupación territorial  e da a razón as ordenanzas municipais e  permiten cobrar  polo paso das redes de alta tensión. Cando cobrarán todos os concellos pola redes das eléctricas? @mundiario

Comentarios