Renuncia Francisco Botas a galeguidade, diferenza e identidade de Abanca?

Francisco Botas, Juan Carlos Escotet y Javier Etcheverría en la junta de Abanca.
Francisco Botas, Juan Carlos Escotet e Javier Etcheverría nunha xunta de Abanca.

R xa demostrou, canda moitas outras empresas galegas, que a nosa lingua nunca resta e sempre suma. Suma con todos aqueles que a usan e cos que non o fan, pero a queren e valoran.

Renuncia Francisco Botas a galeguidade, diferenza e identidade de Abanca?

R xa demostrou, canda moitas outras empresas galegas, que a nosa lingua nunca resta e sempre suma. Suma con todos aqueles que a usan e cos que non o fan, pero a queren e valoran.

Semella que Abanca ten decidido usar o castelán como lingua preferente de uso para a súa sinaléctica e comunicación na Galicia. A decisión, que fontes oficiosas refiren adoptada polo conselleiro-delegado, Francisco Botas, semella un grande erro de marketing. Abanca vendeu galeguidade, diferenza e identidade, hai menos de 7 meses. Mudar esta decisión vaille xerar prexuizos e deterioración da súa marca, tendo en conta que na indiferenza da marca e na falla de conexión co País xa xogan tantos outros.

Algunhas persoas observarían este Nadal que a sinaléctica temporal das oficinas e máis a publicidade exterior da campaña de Nadal ían en castelán. E fontes oficiosas informan de que tense decidido moi alto relegar o galego a un uso testemuñal.

Abanca autoposiciónase no segmento da banca minorista e está a recuperar a cota de mercado que a Caixa fusionada chegou ter no mercado galego (máis do 40% dos créditos e depósitos). Isto é, quere fidelizar, lexítimamente, ás empresas e familias que facían parte da clientela das Caixas galegas. É dicir, arela unha posición relevante no mercado financeiro galego.

R xa demostrou, canda moitas outras empresas galegas, que a nosa lingua nunca resta e sempre suma. Suma con todos aqueles que a usan e cos que non o fan, pero a queren e valoran coma unha riqueza de noso.  Suma o valor da diferenza, produto da identidade e da proximidade.  A diferenza- o ADN que din os de R -, é esencial na elección dunha rede e produto. Máis aínda na banca, que xoga con factores de proximidade e territorialidade. E máis no caso de Abanca que se chama herdeira dese “sentir común” da clientela galega.

Usar decote o galego non lle resta nada a Abanca. Porque eses centos de extremistas absurdamente antigalegos non constitúen o seu público obxectivo. De certo serán xa clientes doutra entidade con sede operativa no Madrid financeiro e nada contaminada pola galeguidade.

Galicia amosa unha práctica diglósica e certamente hai centos de milleiros de persoas que usan decote o castelán. Mais o uso das linguas na venda de produtos bancarios non é un problema do 50%, porque neste país todos entendemos e case todos aprezamos o galego. E para que Abanca poida vender galeguidade, proximidade, identidade e “sentir común” precisa apostar na súa publicidade., comunicación e sinaléctica polo galego como lingua de uso preferente. Outra decisión sería un grave erro  de marketing.

Comentarios