Quintana traballa para fomentar unha revolta cívica pero non quere montar outro partido

Anxo Quintana, ex alcalde de Allariz, fue vicepresidente de la Xunta. / Xurxo Lobato
Anxo Quintana, ex vicepresidente da Xunta. / Mundiario

El en concreto traballa dentro do BNG, no que é militante de base. Foi o seu portavoz nacional e tamén vicepresidente da Xunta de Galicia, no goberno bipartido.

Quintana traballa para fomentar unha revolta cívica pero non quere montar outro partido

El en concreto traballa dentro do BNG, no que é militante de base. Foi o seu portavoz nacional e tamén vicepresidente da Xunta de Galicia, no goberno bipartido.

 

Anxo Quintana, ex portavoz nacional e agora militante do BNG, di que coas súas propostas públicas non busca crear un novo partido político senón armar "un movemento cívico" que no futuro poida ser útil para solucionar os problemas a sociedade galega.

Ese novo "instrumento" que busca activar unha revolta cívica terá, segundo o ex vicepresidente da Xunta de Galicia, as características que os seus impulsores decidan, manifestou, aínda que precisou que non entra en colisión coas actuais formacións políticas, campo no que "xa hai de abondo", e no que el en concreto traballa dentro do BNG.

Este xoves, as 20 horas, Anxo Quintana falará do seu proxecto na fundación Paideia, na Coruña. Organiza o acto a Agrupación Cultural O Facho, decana do asocianismo cultural coruñés.

Comentarios