Os informativos da Televisión de Galicia estrean o luns 8 a nova temporada

Control dos Informativos da TVG.
Control dos Informativos da TVG.

Faino con algúns cambios: caras coñecidas que se incorporan á información diaria, un programa novo e cun obxectivo prioritario, reforzar a proximidade. Haberá novo presentador en Foro Aberto.

Os informativos da Televisión de Galicia estrean o luns 8 a nova temporada

A Televisión de Galicia estrea o luns 8 a nova temporada de informativos. Faino con algúns cambios: caras coñecidas que se incorporan á información diaria, un programa novo e cun obxectivo prioritario, reforzar a proximidade.

Comeza unha nova temporada nos informativos da Televisión de Galicia. E empeza con algúns cambios. Entre as novidades, a directora do departamento, Pilar Bermúndez, salienta a incorporación de caras novas, un maior apoio gráfico e un programa novo, 'Contraportada'.

A información esperta co 'Bos días'. Marta Darriba e Francisco López presentan este espazo coa actualidade da xornada e con tempo para o debate.

Contra o mediodía, Sevi Martínez presenta 'A Revista'. A información continúa no 'Galicia Noticias', con Ana Pérez, e no 'Telexornal mediodía', con Marga Pazos.

No serán, Beatriz Moyano presenta o 'Galicia Noticias' e Carlos Amado un telexornal con máis tempo para a reflexión.

A información non se detén na fin de semana. Chegan os telexornais da man de Irene Lourido. Antes, 'A Revista', con María Solar.

De luns a xoves regresa 'Foro Aberto', renovado, un espazo para o debate que presentará o xornalista Antón Galocha, que releva a Carlos Luís Rodríguez. 

Hai moita presenza dos deportes nos telexornais, con Carlos Macía, Terio Carrera e Carlos García Verdugo. A fin de semana toda a actualidade do fútbol no programa 'En xogo'. "E todo isto", asegura a directora dos informativos, "reforzando a proximidade".

Comentarios