Galicia e Portugal axuntan forzas no desenvolvemento da nanotecnoloxía

Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga
Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga

A cooperación entre Galicia e o norte de Portugal a través do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga é clave para sectores estratéxicos galegos como a sanidade ou a alimentación.

Galicia e Portugal axuntan forzas no desenvolvemento da nanotecnoloxía

A cooperación entre Galicia e o norte de Portugal a través do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga é clave para sectores estratéxicos galegos como a sanidade ou a alimentación.

 

O Ministerio de Economía, Xunta de Galicia e Goberno portugués estudan intensificar a colaboración entre Galicia e o norte de Portugal a través do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga. Este complexo, que foi creado por España e Portugal no 2009 co obxectivo de actuar como base de cooperación científica e tecnolóxica, é clave para sectores estratéxicos galegos como a sanidade, a alimentación, o sector automovilístico ou o aeronáutico.

O incremento da cooperación de Galicia neste complexo (INL), permitirá unha maior especialización na captación tecnolóxica para os principias retos da RIS3 (Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia) e movilizará ao redor duns 1.600 millóns de euros durante os vindeiros 7 años.

O INL é un centro único en Europa polas súas instalacións e a sua orientación ao mercado, que nos últimos anos consolidouse como unha das mellores instalaciónns do continente no desenvolvemento de produtos e procesos baseados na nanotecnoloxía, unha das prioridades da UE.

Comentarios