En Galicia, un 21 por cento dos nenos vive baixo o umbral da pobreza

Juguetes.
Xoguetes.

Estudantes de xornalismo en colaboración con Equus Zebra escriben este artigo para MUNDIARIO no marco da súa campaña de recollida de xoguetes para os nenos que máis o precisan durante estas festas.

En Galicia, un 21 por cento dos nenos vive baixo o umbral da pobreza

Estudantes de xornalismo en colaboración con Equus Zebra escriben este artigo para MUNDIARIO no marco da súa campaña de recollida de xoguetes para os nenos que máis o precisan durante estas festas.

Equus Zebra é unha ONG sen ánimo de lucro sita en A Coruña que trata de axudar na integración de grupos de persoas excluidas ou empobrecidas e que pon especial interés nos nenos. A súa labor de sensibilización polo cumprimento dos dereitos humanos é un dos seus obxectivos principais. 

Nestas datas xa relucen os escaparates de Nadal, as luces xa adornan as rúas e a alegría e a ilusión reflíctense nos ollos dos máis cativos. Nembargantes, un 21% dos nenos galegos corren o risco de quedar sen agasallos. Aquí é onde intervén Equus Zebra e onde podes intervir ti.

Estase a levar a cabo unha campaña de recollida de xoguetes para os nenos que máis o precisan durante estas festas e o teu tempo será o seu mellor agasallo. Equus Zebra precisa voluntarios que colaboren nesta labor altruista que axudará a que tódolos nenos galegos poidan sorrir o vindeiro 6 de xaneiro. Os voluntarios realizarían labores de recollida e clasificación dos xoguetes doados, ademáis de realizar unha labor de concienciación social sobre a importancia de darlle unha nova vida a eses xoguetes que acumulan pó nun caixón.

Todos aqueles que quieran colaborar doando xoguetes o poderán facer ata o 23 de decembro na oficina principal da asociación (Rúa Villa de Negreira, 9 - A Coruña). Ademais, o fin de semana do 11 ao 13 de decembro poderán atopar postos informativos no Espacio Coruña e alí mesmo poderán inscribirse coma voluntarios os que así o desexen.

> Este Nadal regala sorrisos. Faite voluntario chamando ao 881 89 89 30 ou mediante un correo electrónico á dirección [email protected]

 

Comentarios