Fai dez anos da aprobación do Plan de Normalización da Lingua Galega

Manifestación a favor do galego.
Manifestación a favor do galego.

Desde o grupo popular aseguran que se están facendo moitos esforzos para que o galego estea presente en todos os ámbitos do país. Na Oposición escoitanse voces críticas.

Fai dez anos da aprobación do Plan de Normalización da Lingua Galega

Desde o grupo popular aseguran que se están facendo moitos esforzos para que o galego estea presente en todos os ámbitos do país. Na Oposición escoitanse voces críticas.

Estes días fai dez anos desde que a cámara galega aprobara por unaminidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

Unha década despois, o BNG e o Partido Socialista consideran que a normativa se está incumprindo, e que o plan segue sen executarse.

Desde o grupo popular aseguran que se están facendo moitos esforzos para que o galego estea presente en todos os ámbitos do país.

O Plan xeral de normalización da lingua galega aprobouse por unanimidade no Parlamento de Galicia o 21 de setembro de 2004. Nel recóllense máis de catrocentas medidas concretas, elaboradas a partir da realidade lingüística de Galicia, para favorecer o uso do idioma nos distintos ámbitos da sociedade e garantir que calquera cidadán poida vivir plenamente en galego. Este documento, concibido coa participación de máis dun cento de profesionais representativos de todos os ámbitos da sociedade galega, constitúe un dos avances máis importantes en política de extensión do uso social do galego, tras a aprobación da Lei de normalización lingüística de Galicia, en xuño de 1983. 

O Plan xeral de normalización da lingua galega establece obxectivos xerais e concretos, estruturados en dous grandes bloques sectoriais de actuación. O primeiro bloque integra os sectores de carácter transversal: dereitos lingüísticos, novas tecnoloxías e implementación do corpus. O segundo grupo correspóndese cos denominados bloques verticais, correspondentes aos sete ámbitos sociais nos que se pretende actuar: Administración, educación, familia e mocidade, economía, sanidade, sociedade e proxección exterior da lingua.

Fai dez anos da aprobación do Plan de Normalización da Lingua Galega
Comentarios