ÁLBUMES

Día da Patria Galega

Varios milleiros de persoas desfilaron polas rúas de Santiago de Compostela este 25 de xullo con motivo do Día da Patria Galega, no que Ana Pontón abandeirou un novo proxecto de país liderado polo BNG. A manifestación convocada polos nacionalistas baixo o lema 'Gañarmos o futuro' partiu pasadas ás 12 horas da Alameda con berros de "Galiza ceibe, poder popular". O BNG "ten o seu proxecto para pór os galegos e as galegas por diante dos intereses das empresas eléctricas e da banca", dixo a líder do BNG, tamén candidata á presidencia da Xunta de Galicia. @mundiario

 

Comentarios