O ribandese David Darriba gaña o X concurso de fotografía Xurxo Lobato con Reflexos

Primeiro premio do concurso de fotografía Xurxo Lobato
Primeiro premio do concurso de fotografía Xurxo Lobato

O certame de ámbito escolar organizado pola Asociación de Antigos Alumnos do Insituto de Monelos, na Coruña, cumpre a súa décima edición, con moita participación de escolares.

O ribandese David Darriba gaña o X concurso de fotografía Xurxo Lobato con Reflexos

O certame de ámbito escolar organizado pola Asociación de Antigos Alumnos do Insituto de Monelos, na Coruña, cumpre a súa décima edición, con moita participación de escolares.

instantánea Reflexos, obra do alumno do IES de Ribadeo David Darriba, foi galardoada na Coruña co primeiro premio do X concurso de fotografía Xurxo Lobato. O xurado deste certame escolar, organizado pola Asociación de Antigos Alumnos do IES Monelos da Coruña, tivo que elixir nesta edición entre un total de 684 fotos presentadas por case 300 estudantes de secundaria de toda Galicia.

A entrega de premios celebrouse no IES Monelos, nun acto no que participaron a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; o concelleiro de Medio Ambiente da Coruña, Enrique Salvador; o decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro; a directora do IES Monelos, Irene Senín Bazarra, e o fotógrafo Xurxo Lobato, entre outros.

O certame, que naceu no 2005 e xa vai pola súa décima edición, consolídase con perfil propio, especializado en fomentar a fotografía entre os alumnos de ensinanzas medias en Galicia. "Quere contribuír ao desenvolvemento da linguaxe fotográfica na nosa comunidade autónoma e promover a canteira de novos valores que opten pola fotografía como linguaxe de creación", explica Xurxo Lobato. Ao tempo, busca ser "unha mostra de apoio ao ensino público, que evidencia a potencialidade dos centros de educación galegos para convertérense en protagonistas activos da vida cultural do país". O premio leva o nome do fotógrafo coruñés Xurxo Lobato, un dos profesionais máis relevantes do fotoxornalismo galego, quen foi estudante no IES de Monelos, anfitrión do concurso. Lobato é colaborador de MUNDIARIO.

Premiados no concurso Xurxo Lobato
A fotografía Soidade do Rural, do alumno do CIFP Ánxel Casal da Coruña, e Monte Faro, do estudante da Escola de Imaxe e Son de Vigo José Gadea, alzáronse co segundo e terceiro premio, respectivamente.
Con ocasión do décimo aniversario do concurso, outorgouse tamén unha bolsa especial para realizar un proxecto fotográfico, que recaeu na alumna do IES Monelos Beatriz González Ponte pola instantánea Message in a bottle. Outorgáronse tamén unha ducia de accésits.

 

Divulgación dos traballos

As imaxes premiadas neste certame amosaranse ao público nunha exposición itinerante que pasará polas bibliotecas municipais da Coruña, Centro Ágora A Coruña, Fórum Metropolitano, Museo do Pobo Galego, Escola de Imaxe e Son de Vigo, IES Monelos, IES María Casares de Oleiros, IES Puga Ramón A Coruña, IES Saturnino Montoxo Ferrol, Aula D de Vigo e IES Imaxe e Son da Coruña.

Ademais, unha páxina en Facebook con 850 seguidores mantén a actividade do premio durante todo o ano, e serve como ferramenta de divulgación de iniciativas fotográficas.

A Redacción de Mundiario Galicia, ademáis de reproducir a foto gañadora, seleccionou esta imaxe entre as finalistas. É obra da xove viguesa Nerea Paños Boente, que a titulóu Sometida.

Sometida, obra de Nerea Paños Boente, de Vigo.
 

 

Comentarios