Nacemento de Ulla e irmanamento con Umia, fundadoras da esquina do Mundo

Torres do Oeste, Catoira.
Torres do Oeste, en Catoira (Pontevedra).

O rei, titular das terras e xuíz de tódalas causas, era tan grandioso que desposara unha deusa. Coñeceuna danzando nunha campa do monte, onde as deidades se xuntaban para asignar milagres ao reino.

Nacemento de Ulla e irmanamento con Umia, fundadoras da esquina do Mundo

Conto dedicado á miña irmá.

 

Na esquina do Mundo, alí onde nacían as aves migratorias, blandido o territorio por inmensas tempestades, nun lugar onde os deuses eran tan benévolos que facían chover viño ou brotar xoias, había un ilustre reino cuxos monarcas detentaban o poder de cumprir os desexos dos seus súbditos cunha soa condición: ofrecer unha cerimonia de nomeamento da súa liñaxe… Se lle facían rir ao rei, éste lles agasallaba unha casa; de chorar, lles daba traballo; cando apraudía, gañaban a santidade! E, así, con tantos santos no reino, non pasaba nada malo, ademáis de que todos eran felices grazas á vontade do monarca.

O rei, titular das terras e xuíz de tódalas causas, era tan grandioso que desposara unha deusa. Coñeceuna danzando nunha campa do monte, onde as deidades se xuntaban para asignar milagres ao reino. De roupas brancas de liño, ela portaba unha humilde cazola de barro na que cociñou un xantar para o rei. Satisfeito, unha vez acabada a comedeira, acostouse baixo unha árbore a durmir. Así, a deusa, que se amosaba na forma dunha bela muller, cantoulle o himno da dinastía e, modulando a súa voz, fíxolle namorar ao rei. Pediulle matrimonio axeonllado, pousando a súa espada de ferro sobre a herba, que alí quedou oxidándose, pois esta unión supuxo o armisticio dos cabaleiros do reino.

Dende aquela, os deuses retiráronse ao Alén e só mandaba el, e non consentía máis concilio có do amor que lle profesaba á súa muller.

Agora ben, os seus súbditos adicábanse a unhas artes que lle conmovían, e por iso lles concedía os mesmos honores cos que se adentraba no templo, onde recibía misivas de todo o mundo para gobernar axeitadamente. Tamén recibía as súplicas dos coitados e lles ofrecía xogos, as demandas dos tristeiros atallábaas con días de paz soleados… Declarou aos nenos a Alegría do país, ata o punto de que eran consultados para as decisións máis cruciais do Reino.

Así, nun tempo do noso Señor, a deusa consorte quedou encinta e foi levada a un palacio arrodeado de labirintos, os cales había que atravesar con inxenio e sabedoría para seren dignos os visitantes de ofrecerlle os seus presentes.

Tratábase da chegada dunha princesa para o Reino dos Bos e a alegría das escrituras, de modo que no tempo do embarazo fíxose construír unha cidade co seu nome. A princesa sería chamada Ulla, a cidade estaría poboada de santos, dos mellores mortais, dos súbditos máis leais.

O seu nacemento supuxo un arco da vella que arrodeou tódolos horizontes. O mundo vestiuse de color e os deuses agasallaron ao reino con tesouros nos cultivos e exquisitos licores nas fontes, ata que a criatura chorou e a matroa tocou a arpa para darlle música á súa voz celestial. Esta foi a primeira homenaxe á princesa.

A Era de Ulla, princesa do Reino dos Bos, alegrou a vida dos mortais e espertou a atención dos deuses, xa que ela era moi afoutada en tomar as mellores decisións para o descanso dos cabaleiros, do mesmo xeito que esta princesa era tan soberbia que paseaba polas súas terras sobrevoándoas nun globo, así que, sendo unha nena, podía velo todo inferior a ela igual que xogaba con toda a súa ilusión.

Consta nas escrituras que, pasado un lustro, enfadouse e os deuses ofrecéronlle unha treboada. O rei, no mellor da vida, quixo darlle a Ulla unha irmá, concebida nun rosado solpor nos confíns do Mundo, o cal percorría xunta á súa esposa na busca dos mellores chocolates. A infanta chegada, con cariña de pan, foi bautizada baixo o nome de Umia e se lle concederon xoguetes de madeira e unha pluma de pita de monte para cumprir co seu papel no reino, pois era a primoxénita quen facía historia e a pequena acabaría por ser soñadora, así que tiña que deixar legado dos seus desexos nun luxoso caderno de papiro.

Ulla comezou a ter moito xenio cara á súa irmá máis nova, pois, aínda que obedecía a tódolos seus mandatos, non amosaba ser consciente de que era inferior a ela a moito que fora tres cabezas de menor estatura.

─Se queres probar do chocolate, debes dedicar unha rima ao meu nariz: verdade que é moi chato?

─O teu nariz adorna a túa cara!

─E con que rima?

─O nariz rima coa cara.

As discusións entre as dúas irmás fóronse acusando a medida que medraron. Ulla estaba chamada a ser raíña, pero as escrituras dicían que a seguinte filla a seguía na orde de sucesión… Agora ben, o papá xuntábaas no trono e lles falaba da natureza… “No mundo dos animais, o máis grande come ao pequeño; mais, os seres humanos, bicamos aos nenos”, explicáballes. “Dúas beizóns coma vós deben perdoar a ambición, pois é propia daqueles con sentimento de inferioridade: sodes, as dúas, de sangue azul… E deberedes loitar por que este sangue non se derrame no reino. Tede paz neste Reino dos Bos!”

Chegou a mocidade e un momento histórico sen parangón. Ulla celebraba a súa posta de largo, segundo a cal xa podería buscar pretendentes. Só de casar podería ser raíña.

O palacio voveu abrir as súas portas, en cuxos corredores pendían bustos dos deuses que permanecían no Alén por mor da paz. Paso a paso, Ulla atravesou tódalas estanzas e estreitou as mans dos seus santos. A capa do seu traxe extendíase de norte a sur do chan, e, nas rúas da súa cidade, os pobres cantaban e os ricos choraban.

Pola súa banda, Umia levaba escritas cen páxinas. Aquel día, destintóuselle a pluma e perdeuse o que sentira… Chorou por iso, calzou unhas botas de coiro, abrigouse cunha capa e foi pasear ao seu río sagrado. Como a súa nai lle quería, fixo orballar para que dende alí non se divisara a cidade.

Como non se vía ben, e co torpe que ela era, perdeuse, non sabía onde estaba se ben non deixara de abandoar o reino… Entón, nunha campa, había cabalos salvaxes e un mozo cabaleiro. Tan pronto o encontrou, aterrouse, porque os cabaleiros eran quen facían a guerra.

El confiouse nela porque lle tiña cara de boa, e explicoulle que alí atopara unha espada que o convertira en príncipe. Umia confesoulle sentirse coma un daqueles cabalos salvaxes, pois a súa liñaxe habería de ser espúrea para sempre, aínda que o seu pai fora un rei e a súa nai unha deusa. O príncipe Con non só se apiadou dela, senón que amansou un cabalo e marcharon os dous por aquelas terras para obter a beizón para o seu soñado matrimonio.

Así que chegaron ao templo dos coitados. Inmediatamente, o rei foi feliz do porvir da súa infanta, quen tamén sería raíña. Iniciou a realeza un paseo polas súas terras saudando aos seus súbditos, quen apraudían ao seu paso. Pero a Ulla apareceulle o xenio outra vez, porque ela aínda non tiña pretendente. Decidiu convidar a toda a familia ao seu aniversario no seu palacio, e foi tan ambiciosa a cerimonia que os deuses lle regalaron un día soleado.

Pero o príncipe, de orixes humildes, non tivo astucia abondo como para superar o labirinto de Ulla. Alí permaneceu, á marxe dos xuramentos que se oficiaban. Entón, no brinde por ela e pola paz, con tamaña ira e ambición, Ulla envelenou a tódolos mortais, de modo que a súa irmá pequena tamén enfermou. Así, fundouse o Reino dos Deuses, e os bos houberon de fuxir co seu mal.

Umia confinouse río arriba, cara ao círculo máxico, aonde, co seu instinto, foi dar o príncipe fuxido do labirinto.

─Amado Con, teño o mal, deberás fuxir de min…

─Eu non era ninguén ata que atopei a miña espada, agora son inmortal. Quero consumar o amor contigo, pois, se ti morres, eu estranareite por sempre.

Entón os dous morreron, mais a forza das súas vidas deulle vida á espada e, coa mesma, sendo cadáveres, nesgaron o orballo e adentráronse no Alén.

Así, dende aquela, os dous mortos do Alén observaban á princesa e lle mandaban un día chuvia torrencial, outro día calor bochornosa, ata que, por sempre solteira, pois co seu xenio ninguén a aturaba, tomou a pluma de pita de monte e escribiu unha misiva: pediulles aos santos que só nomearían outros santos entre os plebeos que morreran, de xeito que así obtivo gloria, aínda que nunca un Reino.
 

Comentarios