A cantante e actriz María Costas prepara un novo disco co grupo Eliela

María Costas. / Mundiario
María Costas. / Mundiario

As composicións de Eliela non deixan a ninguén indiferente; teñen influencias do jazz, blues, rock e incluso folk, cun toque de sofisticación nos arranxos.

A cantante e actriz María Costas prepara un novo disco co grupo Eliela

Novo disco á vista de María Costas co grupo Elielacreado en Pontevedra no mes de outubro de 2011 por José Churruca e a propia María Costas. Nas súas orixes o repertorio de Eliela consistía en versións de clásicos do jazz, blues, bossa e pop moi personais e coidadas, interpretadas con solvencia por una guitarra (José Churruca) e unha voz (María Costas). Pero logo dun tempo, e non poucos concertos, o proxecto madurou e comezaron a facer en directo a súa propia música, ampliando tamén a instrumentación con contrabaixo e baixo (Pablo Vidal) e batería (Noli Torres).

As composicións de Eliela non deixan a ninguén indiferente; teñen influencias do jazz, blues, rock e incluso folk, cun toque de sofisticación nos arranxos. Uns textos poéticos en galego que conseguen fío directo co público porque evocan lugares comúns. 

Os concertos están cargados de intensidade, sensibilidade e paixón, xa que a transmisión de sentimentos a través da música é a súa prioridade. O primeiro disco, íntegramente con repertorio orixinal, está en elaboración, pero xa se poden escoitar algúns dos temas que formarán parte dél.

"Este venres 23 estamos en Barrantes, no Encontro Vinoteca-Cervecería. Será ás 23:55 e a entrada é de balde. Repetiremos a experiencia de tocar en cuarteto con eses dous grandes, Noli Torres e Pablo Vidal. Para non perder", comenta María Costas.

Comentarios