PSOE: un golpe e dúas estratexias

Felipe González. / EP
Felipe González. / EP

Consumado o golpe, e desde unha perspectiva de calidade da democracia presente, so nos queda, aparte do lamento inútil da cativeza da democracia –cativa por ruin– preparármonos para forxar un escudo colectivo antigolpes. O modo e maneira aínda será froito de análise.

PSOE: un golpe e dúas estratexias

Así con esas palabras aparecía en titulares dun xornal económico, El Economista, o día 16 de setembro. Exactamente decía: “Dirigentes del PSOE planean un golpe y dos estrategias para acabar con Pedro Sánchez tras el 26-S”. Obsérvese: denantes das eleccións galegas e vascas, denantes dos resultados e polo tanto denantes de coñecer a posición relativa do seu partido na política española.

Facemos esa referencia para non nos apropiar por enteiro dun cualificativo verdadeiramente ben acaído para os acontecementos de onte: golpe. Semellaría non obstante que esas vellas prácticas eran so patrimonio da dereita exclusivamente. Agora quedou de manifesto que, o tamén vello PSOE, pero non por iso necesariamente  decrépito, é instrumento eficiente das necesidades do poder económico puro e duro.

Slim, a través directamente de Felipe González, prefire que goberne o PP que contemplar a posibilidade de que Pedro Sánchez conseguise maioría suficiente para ser investido. Escoitamos de novo unha lonxana e coñecida melodía: o negocio é o negocio, e ante a posibilidade de falar con todos os intervintes políticos no arco parlamentario, ante a remota posibilidade da constatación dun acordo, era preciso abortar o intento, fose cal for o resultado: o feito a impedir como quedou de manifesto era que gobernase o PSOE. 

Consumado o golpe, e desde unha perspectiva de calidade da democracia presente, so nos queda, aparte do lamento inútil da cativeza da democracia –cativa por ruin– preparármonos para forxar un escudo colectivo antigolpes. O modo e maneira aínda será froito de análise.

Comentarios